Imaxe de distintos productos ecolóxicos



BENVIDOS 

Somos uns produtores e distribuidores de produtos ecolóxicos, emprazados na Casa Pazo da Pena , no lugar de A Pena- Rozavales, Manzaneda (Ourense), que nace coa intención de satisfacer a crecente demanda dos consumidores por unha alimentación saudable e coidado do medio ambiente. O noso interese centrase en ofrecer tanto a particulares como a empresas a posibilidade de mercar produtos da mais alta calidade nutritiva ó mellor prezo, favorecendo para isto o acceso fácil, rápido e asequible a este tipo de produtos alimentarios.

Neste portal poderán mercar estes produtos ou ben directamente nas nosas dependencias. Nesta paxina, tamén pretendemos axudarlle a informarse sobre este tipo de produción, amosarlles novas receitas de cociña centradas nestes alimentos, coñecer as últimas novas sobre ecolóxica e medio ambiente así como outras informacións de interese.